Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto de execución dun banco de 400/220 kV e dun novo parque de 220 kV para instalar na subestación de Cartelle, no concello de Cartelle. (Expediente IN407A 95/90-3 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, o día 30-3-1998 (BOP) e o 31-3-1998 (DOG) someteuse a información pública a petición da empresa Red Eléctrica de España, S.A. (REE) de autorización administrativa para a ampliación da subestación de transformación eléctrica de Cartelle, segundo se recolle no seu proxecto de execución, petición que está actualmente en trámite.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, REE, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico

solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública da instalación, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación que se xunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Alegacións.

A presente resolución sométese a información pública para coñecemento xeral e dos propietarios e demais titulares afectados que non chegaran a un acordo amigable coa entidade solicitante, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados foran omitidos, para que poidan examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1-4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que sexan oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 9 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de bens e dereitos

Ampliación de terreos subestación de Cartelle, termo municipal de Cartelle.

Datos predioAfección

Nº de ordePropietario e enderezoLugarParcela nº

segundo

catastro

Políg. nºSuperficie de

expropiación

(m)

Terreo

1Darío González Pérez

Cartelle-Ourense

As Motas3986680,00Monte baixo, piñeiros

2Manuel Álvarez López y Emilio Álvarez López

Cartelle-Ourense

Catastro: Osoria López López

As Motas3686190,00Monte baixo, piñeiros

3David Pérez Villar

Reigoso-Cartelle-Ourense

Catastro: Antonio Pérez Rodríguez

Cuchiño688580,00Monte baixo, piñeiros

4Rexistro: Osoria Castiñeiras Gómez

Pereda-Cartelle-Ourense

Catastro: Delmiro Castiñeiras

Cuchiño6785275,00Monte baixo, piñeiros

5Rexistro: Irm. de Pilar Estévez e Camilo Rodríguez Estévez

Pereda-Cartelle-Ourense

Catastro: Camilo Estévez

Cuchiño6685370,00Monte baixo, piñeiros

6Camilo Rodríguez Estévez

Pereda-Cartelle-Ourense

Celso González Vázquez e Irm.

Cartelle-Ourense

Catastro: Pilar Estévez

As Motas1086130,00Monte baixo, piñeiros

7Celso González Vázquez e Irm.

Cartelle-Ourense

Catastro: Benito González

Xoán6385145,00Monte baixo, piñeiros

6124