Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Ferrachín Primera Fracción, número 4737.1, da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter á información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Ferrachín Primera Fracción, nº 4737.1, situada na localidade de Orega, concello de Leiro, provincia de Ourense, e solicitado por Minera de Rocas, S.L.

Para os efectos informativos porase ó dispor dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial de Indus

tria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de industria

6304