Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Alabe-Cadramón (expediente 006-EOL).

Examinado o expediente instruído por instancias de Ineuropa eólica del Xistral, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Parque Empresarial La Moraleja, Avda. de Europa, nº 18 28108 Alcobendas (Madrid), sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Alabe-Cadramón; esta dirección xeral ten en conta os seguintes

Feitos

Primeiro.-O día 23 de maio de 1997, Diego Contreras Olmedo, en nome e representación de Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Alabe-Cadramón de 20,25 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 9 de outubro de 1997, Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. solicitou o recoñecemento como instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, xa citado, para o parque eólico Alabe-Cadramón.

Terceiro.-O 20 de novembro de 1997, esta dirección xeral de industria, resolveu recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica ó citado parque eólico.

Cuarto.-O proxecto, coa relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información publica por Resolución do 11 de decembro de 1997, para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 10 do Decreto 2619/1996, 20 do outubro, 9 do mencionado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro (aplicables a este expediente en virtude do establecido nas disposicións transitorias primeira e segunda,

apartado 2º, da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico) e 13 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, tamén citados.

Durante o prazo de información pública, José Expósito Balseiro, a Comunidade veciñal do monte en man común da parroquia de Labrada (Concello de Abadín), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia e a comunidade veciñal da parroquia de Pereiro (Concello de Alfoz) presentaron cadanseu escrito de alegacións, manifestando, en síntese, que:

1) Os montes obxecto de ocupación son montes veciñais en man común, polo que debe declararse previamente a utilidade pública prevalente do parque eólico sobre a dos propios montes.

2) A zona afectada está enclavada dentro do que as normas complementarias e subsidiarias de planeamento da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra delimitan como solo non urbanizable de protección de especies naturais co nome de serra do Xistral e do Cadramón.

3) A zona afectada está formada por solos de turbeira de cobertor activa que deben ser considerados como hábitats naturais prioritarios, segundo o disposto no R.d. 1997/1995, do 7 de decembro, e na Directiva 92/43/CEE, do Consello, do 21 de maio.

As citadas alegacións fóronlle remitidas á empresa Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. e contestadas por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Quinto.-O 23 de xaneiro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Sexto.-O 27 de marzo de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

O CadramónAlfoz, Abadín e

O Valadouro

X Y

0.621.000 4.815.843
0.621.000 4.812.000
Labrada0.619.000 4.812.000
O Cadramón0.619.000 4.813.100
Pereiro0.618.350 4.813.100
0.617.800 4,813.500
0.616.300 4.815.843

Nº de aeroxeradores: 27.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Potencia total instalada: 20,25 MW.

Altura das torres: 45 metros.

Diámetro das pas: 44 metros.

Producción máxima anual: 60.138 Mwh/ano.

Investimento previsto: 33.072.377.683 ptas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-a Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación cos xa citados Decretos 2617/1966, do 20 de outubro, 2619/1966, do 20 de outubro e 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a estas por parte da empresa promotora e o resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

a) De conformidade co disposto no artigo 6.1º da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, que só poderán ser obxecto de expropiación forzosa por causa de utilidade pública e interese social prevalente á dos propios montes veciñais.

Polo tanto, resulta necesario autorizar administrativamente a instalación dos equipos electromecánicos do parque denominado Alabe-Cadramón e declara-la súa utilidade pública, para os efectos de inicia-lo expediente de expropiación dos montes veciñais afectados e de poder continua-la tramitación do expediente conforme o disposto no artigo 6.2º do Regulamento de execución a citada lei, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro.

b) O plan sectorial denominado Plan Eólico de Galicia (no que está incluída a zona do parque eólico de Cadramón) aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 1 de outubro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro de 1997) contén, entre outras determinacións, a de vincula-lo planeamento dos municipios afectados ás determinacións contidas nel.

c) O proxecto foi sometido a un estudio ambiental, sendo aprobada a declaración de efectos ambientais por Resolución do 23 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Tercero.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

1. Autorizarlle a Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Alabe-Cadramón, que se van situar nos concellos do Valadouro, Abadín e Alfoz e aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

2. Declara-la utilidade pública das instalacións que se autorizan dentro do polígono definido nesta resolución, para os efectos establecidos no artigo 52 da Lei de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 61.447.554 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 3.072.377.683 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é ocaso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme

o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5600