Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/412-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Serantes.

Situación: Outes.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV de 0,329 km con orixe no apoio anterior á derivación de Serantes e final no apoio s/n seguinte á derivación de Serantes, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. L.M.T. aérea, a 20 kV de 0,051 km con orixe no apoio que se vai intercalar na L.M.T. Pontella-Os Muíños (expediente 27868) e final no C.T. Serantes, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 100 kVA 20.000/380-220 V en Serantes. L.B.T. aérea, de 0,78 km con orixe no C.T. Serantes, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5733