Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a audiencia previa á resolución dos expedientes 171/1996 e 8/1997 con relación á solicitude de autorización, consistente nas obras de remodelación de naves para acuario, no lugar de Moreiras, termo municipal do Grove, solicitada por Acquarium Punta Moreiras, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Acquarium Punta Moreiras, S.L. que os expedientes 171/1996 e 8/1997 sobre solicitude de autorización consistente nas obras de remodelación de naves para acuario, no lugar de Moreiras, termo municipal do Grove, tramitados ante esta delegación, pónselle de manifesto para que no prazo de quince días alegue o que considere conveniente e presente os documentos ou xustificantes que coide pertinentes, de conformidade co artigo 84 da Lei 30/1992.

Pontevedra, 29 de xuño de 1998.

Guillermo Sáez Díaz

Xefe do Servicio Provincial de Costas

6405