Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/40-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea.

Situación: Carballo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 30 m de lonxitude cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al e que parte do apoio nº 10 da L.M.T. de Carballo. Circuíto do exterior e remata no C.T. tipo prefabricado en Pedrafurada de 400 kVA a 15.000±2,5-5%/398-230 voltios. Concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5208