Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/204-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. Trasmaño-Vilar, Infesta.

Situación: Redondela e Mos.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20/15 kV, de 5.038 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, desde a L.M.T. Sampaio-Trasmaño ata a L.M.T. Atios-O Porriño-Redondela, nos concellos de Redondela e Mos.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar e utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións,

das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 12 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5205