Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/265-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moimenta.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 330 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Lalín-Anzo, rematando no C.T. que se proxecta en Moimenta, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Resultando que realizada a información pública e a notificación individual á afectada Laudina Vázquez Varela, con data do 14-10-1997, presenta alegacións solicitando modificación na traza da liña, porque o predio que se vai expropiar é axeitado para edificar e dispón de auga potable, suxire que se leve a liña seguindo a pista que vai a Moimenta.

Claudina Suengas, con data do 30-10-1997, presenta alegacións dicindo que non está detallada a superficie que se vai ocupar e que se presentou outro proxecto anterior ó actual e que se rexeitou por presións dalgúns veciños.

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. contesta as alegacións dicindo que leva-lo trazado pola pista de Moimenta non permite distribuír ben a enerxía na parroquia.

Considerando que o proxecto inicialmente previsto e que se tramitou como o expediente A.T. 96/380 non resolvía o problema para a subministración ós diversos núcleos desa parroquia, debido á lonxitude resultante das liñas de baixa tensión, procedeuse a dividilo noutros dous denominados A.T. 97/265 L.M.T., C.T. e R.B.T. Moimenta-Lalín e A.T. 96/382 Campo da Festa-Moimenta-Lalín, co que as caídas de tensión se melloraban.

En canto ás alegacións de Laudina Vázquez, non é certo que a liña atravese o predio nº 6 inutilizándoo para os fins previstos, porque a traza pasa como máximo a dous metros e medio da súa estrema. Res

pecto do predio nº 3, propiedade de Claudina Suengas, no que certamente a liña cruza pola súa parte central, considérase que non o inutiliza para a construcción tipo rural, ó se-la altura dos apoios de 20 m, polo que o poste nº 2 deberá ser de 20 m.

Vista a Lei 40/1994, os decretos 2617 e 2619/1966 e cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e declarar, en concreto, a súa utilidade pública e a implícita necesidade de urxente ocupación que leva consigo, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedcientes.

Esta resolución é susceptible de recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes.

Pontevedra, 8 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5174