Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/72-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. e R.B.T.S., subterráneas en Alcalde Espiñeira.

Situación: Curtis.

Características técnicas: modificado o proxecto de L.M.T.S., C.T.S. e R.B.T.S. existente en Alcalde Espiñeira. Liña eléctrica subterránea L.M.T. a 15/20 kV baixo tubo e conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 412 m de lonxitude, con orixe na liña A Castellana-Teixeiro (expediente 27272) e remata no C.T. que se vai instalar na 3ª travesía Ramón Espiñeira. Centro de transformación prefabricado de formigón, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV na 3ª travesía Ramón Espiñeira, do que parte unha rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo en conductor R.V. 0,6/1 kV de 4 (1x240) mm Al (tres circuítos) en Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5217