Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.717

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro, artigo 1º do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo, e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril, Boletín Oficial del Estado do 27.

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas citadas no anexo, co fin de designa-los membros das comisións que teñen que ser elixidos por este procedemento para o día 15 de xullo de 1998, ás dez horas, rea

lizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de xeito secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen númeroi 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data de presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das ditas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que lle corresponda a praza.

-Fosen designados para formaren parte da comisión titular pola universidade á que lle corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 10 de xullo de 1998, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidadees (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, observarase o disposto previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 22 de xuño de 1998.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Universidade: A Coruña.

Concursos convocados por resolución da Universidade do: 4-3-1998 e BOE: 25-3-1998.

Concurso nº: 1Nº sorteo: 35623

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: lingua española.

Presidente titular: Lidio Nieto Jiménez.

Vocal secretario titular: Manuel Casado Velarde.

Concurso nº: 3Nº sorteo: 35624

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Presidente titular: Domingo Indurain Múñoz.

Vocal secretario titular: Sagrario López Poza.

Concurso nº: 4Nº sorteo: 35625

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito civil.

Presidente titular: Rodrigo Bercovitz Rodríguez-Caro.

Vocal secretario titular: José María Pena López.

Concurso nº: 5Nº sorteo: 35626

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito civil.

Presidente titular: Rodrigo Bercovitz Rodríguez-Caro.

Vocal secretario titular: Miguel Ángel Pérez Álvarez.

Concurso nº: 6Nº sorteo: 35627

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: lingüística xeral.

Presidente titular: Sebastián Serrano Farrera.

Vocal secretario titular: Mauro Andrés Fernández Rodríguez.

Concurso nº: 7Nº sorteo: 35628

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Ramón Pérez Otero.

Concurso nº: 8Nº sorteo: 35629

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: antropoloxía social.

Presidente titular: Carmelo Lisón Tolosana.

Vocal secretario titular: José Antonio Fernández de Rota Monter.

Concurso nº: 9Nº sorteo: 35630

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito penal.

Presidente titular: Enrique Orts Berenguer.

Vocal secretario titular: Carlos Martínez-Buján Pérez.

Concurso nº: 10Nº sorteo: 35631

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Félix Ramón Doldan Tie.

Vocal secretario titular: Fernando J. Aguiar Maragoto.

Concurso nº: 11Nº sorteo: 35632

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: biblioteconomía e documentación.

Presidente titular: Mercedes Caridad Sebastián.

Vocal secretario titular: Mª Paz Martín-Pozuelo Campillos.

Concurso nº: 12Nº sorteo: 35633

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: biblioteconomía e documentación.

Presidente titular: Mercedes Caridad Sebastián.

Vocal secretario titular: José Tomás Nogales Flores.

Concurso nº: 13Nº sorteo: 35634

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: métodos de investigación e diagnóstico en educación.

Presidente titular: Eduardo Abalde Paz.

Vocal secretario titular: Jesús Miguel Muñoz Cantero.

Concurso nº: 14Nº sorteo: 35635

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: Darío Prada Rodríguez.

Vocal secretario titular: Purificación López Mahía.

Concurso nº: 15Nº sorteo: 35636

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: linguaxes e sistemas informáticos.

Presidente titular: Isidro Ramos Salavert.

Vocal secretario titular: Antoni Olive Ramón.

Concurso nº: 17Nº sorteo: 35637

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ecoloxía.

Presidente titular: Juan Eduardo Fernández Haeger.

Vocal secretario titular: José María Guitián Rivera.

Concurso nº: 18Nº sorteo: 35638

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: medicina.

Presidente titular: Manuel Noya García.

Vocal secretario titular: Manuela Lema Bouzas.

Concurso nº: 20Nº sorteo: 35639

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: matemática aplicada.

Presidente titular: Fermín Luis Navarrina Martínez.

Vocal secretario titular: Manuel Casteleiro Maldonado.

Concurso nº: 23Nº sorteo: 35640

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: fisioterapia.

Presidente titular: Emilio Servera Pieras.

Vocal secretario titular: Ramón Fernández Cervantes.

Concurso nº: 24Nº sorteo: 35641

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Presidente titular: Jesús Sánchez Martos.

Vocal secretario titular: Manuel Romero Martín.

Concurso nº: 25Nº sorteo: 35642

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: enfermería.

Presidente titular: Jesús Sánchez Martos.

Vocal secretario titular: María Josefa Pichel Guerrero.

Concurso nº: 26Nº sorteo: 35643

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: historia e institucións económicas.

Presidente titular: Luis Alonso Álvarez.

Vocal secretario titular: Jesús Giráldez Rivero.

Concurso nº: 27Nº sorteo: 35644

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica arquitectónica.

Presidente titular: Jesús Gandullo Guerrero.

Vocal secretario titular: José Luis Rodilla López.

Universidade: Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade do: 29-7-1997 e BOE: 27-8-1997.

Concurso nº: 61Nº sorteo: 35721

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: debuxo.

Presidente titular: Juan José Gómez Molina.

Vocal secretario titular: Juan Miguel Millares Alonso.

5825