Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.717

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso 01/0000734/1998, interposto por Ana María García Veira.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso interposto por Ana María García Veira contra a Resolución do 30 de marzo de 1998, da Escola Galega de Administración Pública (Diario Oficial de Galicia do 6 de abril), sobre convocatoria de seis cursos de perfeccionamento de xefes de negociado da Xunta de Galicia, esta escola resolve ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

6460