Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.719

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (22/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 22/1998 se segue xuízo de faltas sobre furto no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia.

En Santiago de Compostela o 3 de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 22/1998, seguidos por furto, sendo parte denunciante Centro Comercial Simago e Centro Comercial Alcampo; aparecendo como parte denunciada Juan Carlos Serrano García, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido.

Que debo condenar e condeno a Juan Carlos Serrano García, como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623.1º do Código Penal, a pena de multa de dous meses, a razón de 200 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de libertade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos da fin de semana; así mesmo deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para

que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Juan Carlos Serrano García en paradoiro ignorado expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de xuño de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

5795