Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 08 de xullo de 1998 Páx. 7.711

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostelería.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de hostelería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Asociación Provincial de Hospedaje de Pontevedra e a Asociación Provincial de Salas de Fiesta, e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC.OO., o 15-4-1998, de conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósitoo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicción no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de xuño de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio hostelería provincia Pontevedra

Táboas salariais ano 1998.

Táboas 87+

Nivel2.1%IPC 98

1146.368
2141.056
3138.345
4133.466
5131.298
6129.672
7127.503
8125.335
9122.624
10120.456
11118.287
12116.661
13114.493
14112.324
15109.614
16107.445
17105.819

Nivel2.1%IPC 98

18103.108
19101.482
2099.314
2197.145
2294.977
2392.266
2490.098
2588.472
2685.760
2753.245
2868.609

6191