Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 15 de maio de 1998 pola que se autoriza a permuta dos puntos de fondeo entre as bateas Amparo e F.P. VII.

Visto o expediente instruído por petición de Manuel Leopoldo Besada Vila, con DNI 35.213.929, e Isabel Iglesias García, con DNI 35.445.559, polo que solicitan permuta-los puntos de fondeo entre as bateas:

Nome da batea: F.P. VII

Titular: Manuel Leopoldo Besada Vila.

Situación: Cambados, polígono F, cuadrícula nº 184.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 9-2-2008.

Nome da batea: Amparo.

Titular: Isabel Iglesias García.

Situación: O Grove, polígono E, cuadrícula nº 135.

CULTIVO: mexillón.

Vixencia: 30-10-2004.

Tendo en conta os informes do Servicio de Protección de Recursos e a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme os artigos 11 e 12 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestos casos, esta consellería, resolve acceder á permuta

dos puntos de fondeo solicitada, quedando a situación e vixencia das bateas no orde seguinte:

Nome da batea: F.P. VII.

Titular: Manuel Leopoldo Besada Vila.

Situación: O Grove, polígono E, cuadrícula nº 135.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 30-10-2004.

Nome da batea: Amparo.

Titular: Isabel Iglesias García.

Situación: Cambados, polígono F, cuadrícula nº 184.

Cultivo: mexillón.

Vixencia: 9-2-2008.

Os traslados das bateas á novas localizacións, contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contados desde a publicación da presente orde.

A data do fondeo deberá serlle comunicada con antelación suficiente á Delegación Comarcal desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6412