Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios para a prestación de información en materia de consumo a través dun teléfono de chamada gratuíta.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Número de expediente: 1/1998.

Obxecto do contrato: prestación dun servicio de información en materia de consumo a través dun teléfono de chamada gratuíta.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución do servicio será desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1998.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: tres millóns setecentas sesenta e dúas mil seiscentas pesetas (3.762.600 ptas.)

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato (75.252 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: Praza de Europa, 10 A, 2ª planta, edificio Área Central, As Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Teléfono: 981 54 53 91.

Fax: 981 57 45 99.

Data límite de obtención e documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: Praza de Europa, 10 A, 2ª planta, edificio Área Central, As Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 de LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Domicilio: Praza de Europa, 10 A, 2ª planta, edificio Área Central, As Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Data: décimo primeiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado

5680