Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria, da Consellería de Industria e Comercio, con data do 12 de maio de 1998, aprobouse o proxecto de execución e autorizada a instalación do parque eólico do Vicedo (expediente 003/EOL).

Así mesmo, na dita resolución declarábase a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 53 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, limitándoa ós predios números 172, 176, 177, 178, 179, 180, 181, 182, 183, 184, 185,

186, 192, 193, 194, 195, 199, 200, 202, 205, 208, 210, 213, 214, 219, 220, 222, 223, 224, 225, 226, 229, 231, 233 e 234, e polo tanto procede a iniciación do procedemento expropiatorio sobre os anteditos predios.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no concello onde se localizan os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o mencionado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación e, se procedese, o da ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario se o consideran oportuno, con gastos pola súa conta.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalarán día e hora para o levantamento das actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular ou paradoiro descoñecidos, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio, Eurovento, S.L. (unipersonal) asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 17 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos ou en paradoiro descoñecido:

Termo municipal: O Vicedo.

PN = 179 TD = Descoñecido L = Cordal (Mosende) A = 1.695 m CT = MB.

PN =193 TD =Hdos. Freilana. Descoñecido L = Cordal (Mosende) A = 216 m CT = MB.

PN = 205 TD = José A. Pedreiras. Descoñecido L = Castrobó A = 1.382 m CT = MB.

PN = 210 TD = Descoñecido L = Castrobó A = 1.576 m CT = MB.

Abreviaturas utilizadas:

PN = predio número, TD = titular e enderezo, L = lugar, A = afección, CT = clase terreo, MB = monte baixo.

6418