A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que con data 3 de abril de 1998, se outorgou o permiso de investigación María Derreti nº 2753, de 24 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Meis, Barro e Pontevedra da provincia de Pontevedra.
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería de 25 de agosto de 1978.
Pontevedra, 2 de xuño de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
6414