Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/91-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Calvo Sotelo.

Situación: Curtis.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al. De 125 m de lonxitude en entronque paso aéreo-suterráneo inmediacións Rúa Penedo e remate no C.T. Rúa Penedo que se vai instalar. De 552 m de lonxitude, con orixe no C.T. Rúa Penedo e remate no C.T. Calvo Sotelo existente. De 765 m de lonxitude, con orixe no C.T. Calvo Sotelo e remate no Campo Feira existente. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV en Rúa Penedo de Teixeiro. Redes subterráneas de baixa tensión a 380-220 V. baixo tubo e con conductor R.Z., en seccións de 240 mm Al e 625 m de lonxitude. Curtis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5203