Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/70-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Pedreira-Iria Flavia.

Situación: Padrón.

Características técnicas: reforma rede de baixa tensión a 380/220 V do C.T. Pedreira en conductor R.Z. e de 829 m de lonxitude. Reforma rede de baixa tensión do C.T. Longais-Iria en conductor R.Z. e de 774 m de lonxitude. Reforma da R.B.T. do C.T. reten en conductor R.Z. e de 300 m de lonxitude. Concello de Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5427