Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/111-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Casalpeguito.

Situación: Boqueixón.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón (10) e con conductor LA-56, de 1.154 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Xiadas (expediente 30193) e remata no C.T. en Casalpeguito, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Casalpeguito, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón (9) e conductor R.Z. de 810 m de lonxitude, en seccións de 95, 50 e 25 mm Al. Boqueixón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5204