Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 293/1997).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo social en Avda. Arteico, 171, 15008 A Coruña para autorización administrativa e aprobación do proxecto de ejecución da instalación eléctrica que segue:

-Derivada da liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, con orixe na liña, C.R. Linares Rivas-praza de Lugo, 2 (expediente 31400) e remate na mesma liña unha vez que entra e sae do C.T. Avda. de Linares Rivas, 1 (A Coruña).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran

nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 15 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5202