Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/170-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobral-Santo André de Xeve.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos, desde o apoio s/n da L.M.T. ó C.T.

de Couso-Xeve, remantado no C.T. que se proxecta en Sobral-Santo André de Xeve, Concello de Pontevedra. C.T. de 100 kVA, realción de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 118 m de lonxitude con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 29 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5446