Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T, C.T. e R.B.T. Gándara-Lérez.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 29 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde a L.M.T ó C.T. da rúa Juan Bautista Andrade rematando no C.T. que se proxecta en Gándara-Lérez, Concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de tranformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. de 45 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 29 de abril de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
5186