Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón 38, 36000 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fontaíña-Ponte Sampaio.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15 kV, de 42 m de lonxitude, conductor tipo LA-56. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 65 m de lonxitude, conductor tipo R.Z. Desde o apoio N.102 da L.M.T Ponte Sampaio I rematando no C.T. que se proxecta en Fontaíña-Ponte Sampaio. Concello de Pontevedra.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 29 de abril de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
5187