Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/440-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. cemiterio-Ponte Sampaio.

Situación: .

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV, aerosubterránea, de 103 m de lonxitude o tramo aéreo, conductor tipo LA-56 e 15 m de lonxitude o tramo subterráneo, conductor tipo R.H.V., desde o apoio N.4

da L.M.T. Ponte Sampaio, ata o apoio n.1 da L.M.T. ó C.T. que se proxecta no cemiterio Ponte Sampaio, concello de Pontevedra. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V R.B.T., aerosubterránea, de 25/15 m respectivamente, conductores tipo R.Z. e R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 29 de abril de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5189