Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado Lagoa, nos concellos de Narón e Ferrol.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública durante quince días hábiles. Na súa virtude

RESOLVO:

Primeiro.- Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado Lagoa nos concellos de Narón e Ferrol solicitado por Gamesa Promoción Eólica, S.A.

Segundo.- Para efectos informativos o estudio de efectos ambientais porase ó dispor dos administrados nas seguintes dependencias: Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña, Concello de Narón e Concello de Ferrol.

Terceiro.- As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

5206