Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (8/1998-11).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 8/1998, sobre lesións en accidente de tráfico, nos que recaeu sentencia da que o encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 8/1998, seguidos neste xulgado sobre lesións en accidente de tráfico, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciante Felisa Liñares Cajade, asistida do letrado José Santiago e representada pola procuradora Sánchez Silva; como denunciada Alicia Mayo Redondo; como responsable civil directa a aseguradora Schweiz, representada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Villar Pispieiro; e como responsables civís subsidiarios Rente, Francisco Luis García Vera e English Today.

Decido que debo condenar e condeno a Alicia Mayo Redondo, como autora dunha falta de lesións por imprudencia grave, á pena de multa dun mes, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de mil pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade

por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, e á pena de privación do dereito a conducir vehículos de motor por tempo de tres meses. En concepto de responsabilidade civil, coa responsabilidade civil directa e solidaria de Winterthur e a subsidiaria de Don Rente S.L. e Francisco Luis García Vera deberá indemnizar a Felisa Liñares Cajade na cantidade de catro millóns sesenta e tres mil noventa e sete pesetas (4.063.097 ptas.) polos danos e perdas causados. Así mesmo condénoa ó pagamento das custas procesuais. Con respecto á compañía aseguradora, a indemnización devengará os xuros previstos no artigo 20 da Lei de contrato de seguro.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte o da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a Francisco Luis García Vera e English Today, ambos en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6153