Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 07 de xullo de 1998 Páx. 7.676

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais do baremo do procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres.

O punto 5 da Orde do 6 de maio de 1992 pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada

por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 8 de xullo de 1998, as puntuacións provisionais do bareno establecido na Orde do 6 de maio de 1992.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

5824