Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, procedemento aberto, do proxecto de saneamento, iluminación, auga e acceso ás pisicinas municipais.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que trámita o expediente: secretaría. Obxecto do contrato: o indicado no proxecto. Prazo

de execución: seis meses. Forma: concurso. Tipo de licitación: 18.000.000 de ptas. Garantía provisional: 360.000 ptas. Garantía definitiva: 720.000 ptas. Obtención de documentación: na secretaría xeral. Información: chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 986 57 01 65 extensión 15. Presentación de ofertas: nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentos que hai que presentar: sobre 1 docuemtno xustificativo da persoualidade, (verificado na súa suficiencia, se é o caso). Documento xustificativo da clasificación

da empresa no grupo G) e E), subgrupo 6) e b) e categoría b). Declaración de non estar incurso nos supostos do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de estar ó corrente nas obrigas tributarias e Seguridade Social. Xustificante de ter constituída a finaza provisional. Sobre nº 2. Oferta económica adaptada ó modelo. Sobre nº 3. Melloras ó proxecto, adaptada ó modelo, consistentes en realización de obra a maiores. Apertura dos sobres terá lugar, en acto público, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Estrada, 9 de xuño de 1998.

O Alcalde

Rubricado

5777