Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 16 de xuño de 1998, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela de Lugo, pola que se lles notifica ós debedores relacionados os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron

distintos motivos para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-95-0008142490 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 20 do R.D. 1684/1995, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3-1-1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR), modificado a través do R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28-3-1995).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, segundo o artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG 200, do 14-10-1992), de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento comezarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderá interporse no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribuanl Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Burela, 16 de xuño de 1998.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director do Hospital da Costa de Burela de Lugo

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Marina Correa GarcíaCF 685.424Factura 930028017-12-199723.805 ptas.
Ana Mª Oñarre Colina51.064.225Factura 1882/942-5-199420.900 ptas.
Valeria Estano56.368.596Factura 1834/9718-2-199720.000 ptas.
Isabel Otero Méndez16.005.702Factura 1808/9411-1-199420.000 ptas.
Olga Esteves Rodríguez11.462.261Factura 0486/9429-11-1993304.000 ptas.
Olga Esteves Rodríguez11.462.261Factura 1833/947-2-199420.000 ptas
Carlos Fernández Huertas14.582.552Factura 1833/942-9-199320.000 ptas.
Gloria Díaz Bellas5.498.775Factura 0468/9414-8-199320.000 ptas.
Mª Dolores Álvarez Otero31.419.479Factura 0465/936-8-199320.000 ptas.
Anatolio Calle Monasterio9.738.471Factura 0123/9417-8-199338.000 ptas.

6387