1. Obxecto e orzamento: aquisición dun sistema de dixestión de mostras por microondas para o laboratorio de Saúde Pública de Lugo, por un importe máximo de dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 pesetas, IVE incluído ).
2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Prazo de execución: ver apartado 3.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
7. Admisión de variantes: non se admiten.
8. Criterios de adxudicación: ver apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimosexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por
correo na forma indicada no punto 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1998.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos
6165