Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día vinteseis de maio de mil novecentos noventa e oito, acordou:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle dunha parcela situada en fonteculler-Rutis, promovido pola sociedade Insoja, S.L., propietaria dela, e redactado polo arquitecto José R. Mivar Caridad, que ten por obxecto axusta-las aliñacións e rasantes e ordena-los volumes de acordo coas determinaciós do PXOU.

2. Proceder á publicación deste acordo e á súa comunicación á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Determinar que este acordo é firme na vía administrativa, e que se pode impugnar ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 28 de maio de 1998.

Julio Sacristán Diego

Alcalde

6386