Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, da suministración de tres vehículos turismo a gasóleo e catro vehículos todoterreo a gasóleo.

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo Augas de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: subministración de tres vehículos turismo a gasóleo e catro vehículos todoterreo a gasóleo coas características e calidades descritas no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de entrega: o que se fixe no contrato que se vai subscribir.

c) Prazo de entrega: trinta días a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento máximo autorizado:

a) Orzamento total: 15.000.000 de pesetas.

b) División por lotes:

-Lote nº 1:

Número de unidades: 3.

Importe total: 5.100.000 pesetas.

-Lote nº 2:

Número de unidades: 4.

Importe total: 9.900.000 pesetas.

Os licitadores poderán presenta-las súas ofertas para a totalidade do material que se vai subministrar ou, se é o caso, para cada un dos lotes referidos.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Garantía definitiva: 600.000 pesetas.

7. Documentación de interese para os licitadores: poderá examinarse, en días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia, sito no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

8. Presentación de proposicións:

a) Modelos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

c) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario. No caso de que o citado día sexa inhábil, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

d) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sito no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

9. Apertura de proposicións:

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

b) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. No caso de que o citado día sexa inhábil, o acto público de apertura das proposicións trasladarase ó seguinte día hábil.

c) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Emilio García Gallego

Presidente de Augas de Galicia

5902