Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores E.N. 38/1997 e 55/1997 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcurrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, faranse efectivos, dentro do prazo de quince días contados dente o momento en que a resolución sexa firme, na conta 3110001181, de Caixa Galicia (2091) oficina 0388. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 15 de xuño de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 38/97.

Denunciado: José Lobato Meis.

Último enderezo coñecido: O Couto. Cambados.

Feito denunciado: extraer area das dunas dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove. Feitos acontecidos o día 14 de xullo de 1997, no lugar da Lanzada, concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.2º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.2º de Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 pesetas.

Expediente: E.N. 55/97.

Denunciado: Luis M. Couñago Cortegoso.

Último enderezo coñecido: Castiñeiras, 72, Ventoseda-Redondela.

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontencidos os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, concello de Bueu.

Precepto infrinxido: artigo 38.3º de Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador:artigo 38.3º da Lei de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 pesetas.

6385