Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de xuño de 1998, da área provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan nos expedientes de vivenda de promoción pública PO-62/1996 e dous máis.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501, 1091 e 1504 do Código Civil, notifícaselles ós interesados (identificados por nº de expediente e conta) que se citan a continuación, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facendo constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas,

ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificación que estimen convenientes ó seu dereito.

No caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento para a posterior adxudicación a outro beneficiario.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 11 de xuño de 1998.

Carlos A. González Rodríguez

Xefe da área provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente desafiuzamento: 62/1996.

Adxudicatario: Luis Bernardo Cristóbal.

Enderezo: Políg. Torneiros-1ª fase-Blq. 22-3º A. O Porriño.

Expediente construcción: PO-1-II/75. Cta.: 178.

Importe débeda: 315.642 ptas.

Nº expediente desafiuzamento: 63/1996.

Adxudicatario: Manuel María González Torres.

Enderezo: Políg. Torneiros-1ª fase-Blq. 26-1º C. O Porriño.

Expediente construcción: PO-1-II/75. Cta.: 206.

Importe débeda: 690.474 ptas.

Nº expediente desafiuzamento: 64/1996.

Adxudicatario: Emilio Couceiro Amor.

Enderezo: r/ Tui, 10-6º A. Coia-Vigo.

Expediente construcción: PO-80/020.

Importe débeda: 1.897.642 ptas.

6061