Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-60/1997 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre a caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 3110001181, de Caixa de Galicia (2091), clave (90), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 10 de xuño 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-62/1997.

Denunciado: José Luís Rodríguez Álvarez.

Último domicilio coñecido: Sisán, Ribadumia.

Feito denunciado: adestrar 3 cans no couto de caza PO-10.127, sen permiso, o día 9 de xuño de 1997, no termo municipal de Ribadumia.

Precepto infrinxido: artigo 48.1º.8 da Lei 1/1970, de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 4.000 ptas.

5706