Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-130/1997 e dous máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución dictada no expediente por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 9 de xuño de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-130/1997.

Denunciado: Tomás Pereira Toucedo.

Último enderezo coñecido: avenida Galicia, 72, Vigo.

Feito denunciado: cazar en zona de seguridade, o día 1 de novembro de 1997, termo municipal A Cañiza.

Precepto infrinxido: artigo 57.35º en relación co artigo 25 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: C-154/1997.

Denunciado: José María Lamas Montes.

Último domicilio coñecido: r/ Anduriña, 14-4º E, Vigo.

Feito denunciado: cazar nun couto sen permiso (couto A Mondarizana), o día 1 de novembro de 1997, no termo municipal de Mondariz.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas., e retirada da licencia e inhabilitación durante un ano e un día.

Expediente: C-181/1997.

Denunciado: Adolfo Álvarez Pérez.

Último enderezo coñecido: Val Miñor, 5.7º H, Vigo.

Feito denunciado: transitar por un refuxio de caza cun can sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás pezas de caza, ás súas crías e os seus ovos, o día 29 de novembro de 1997, no termo municipal de Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 57.11º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.

5705