Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Isabel II (Cangas F-34).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, de 31 de maio), e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Nome da batea: Isabel II.

Cultivo: mexillón.

Localización: Cangas F, cuadrícula 34.

Data da concesión: 14-3-1967.

Data na que remata a última prórroga: 31-3-2007.

Anteriores concesionarios: José Rouco Camiña (76.832.089), Silvia Antepazo Juncal (76.834.941Z).

Novo titular da concesión: Jorge Rouco Antepazo (78.736.992B).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 4 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

5945