Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xuño de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio de varias bateas de cultivo de mexillón denominadas Dolores número 1 e cinco máis, a favor de Playa de Bornalle, S.L.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5-1993), e no artigo 10 do Decreto 406/1996 do 7 de novembro (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Dolores nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 16.

Data da concesión: 13-2-1963.

Data do remate da última prórroga: 13-2-2003.

Denominación da batea: Dolores nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 28.

Data da concesión: 13-2-1963.

Data do remate da última prórroga: 13-2-2003.

Denominación da batea: Dolores nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 29.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 21-4-2004.

Denominación da batea: Dolores nº 4.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 39.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 21-4-2004.

Denominación da batea: Dolores nº 5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 40.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 21-4-2004.

Denominación da batea: José Ramón nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Muros B, cuadrícula 3.

Data da concesión: 27-6-1961.

Data do remate da última prórroga: 12-7-2006.

Anterior concesionario: Antonio Lado Sande y otros, S.C. (G 15.073.828).

Novo titular das concesións e bateas: Playa de Bornelle, S.L. (B 15.591.340).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como

obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 10 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Mª José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

6027