Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, en réxime de aluguer dunha estación combinada aire-nitróxeno para o Laboratorio de Saúde Pública de Lugo.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve

anuncia-la seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora

a) Organismo: Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número de expediente: 46/1998

2. Obxecto: contratación en réxime de aluguer dunha estación combinada aire-nitróxeno para o Laboratorio de Saúde Pública de Lugo.

3. Tramitación: concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Duración do contrato: 4 anos.

5. Variantes: non se admiten.

6. Orzamento: 12.720.000 pesetas.

7. Fianza provisional: 2% do orzamento.

8. Fianza definitiva: 4% do orzamento.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

11. Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995.

12. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Ronda da Muralla, nº 70), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles agás os sábados. Así mesmo, poderán examinarse nas restantes delegacións provinciais e na Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

15. Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

16. Prazo de presentación: será de 13 dás naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

17. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de preposicións, na sala de reunións da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sita na Ronda da Muralla nº 70. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte, á mesma hora.

18. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido e nome do licitador.

19. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Lugo, 10 de xuño de 1998.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

5944