Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/370-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S. desde o C.T. Bombeo ó C.T. Fenlle II (Sicar).

Situación: Cee.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 0,45 km, con orixe no C.T. Bombeo e final no C.T. Fenlle II, en conductor R.H.V.-12/20 kV 3x95 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5143