Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Enderezo social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Outrabanda.
Situación: Cabana de Bergantiños.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 0,799 km con orixe no C.T.C. Meaño e final no C.T.C. Outrabanda, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 en Outrabanda. R.B.T. aérea de 0,045 km con orixe no C.T. Outrabanda, en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 21 de maio de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
5179