Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/28-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.

Enderezo social: apartado 6, 36080 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bandeira 2.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 370 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Moalde-Bandeira ata o C.T. que se proxecta en Bandeira 2, Concello de Silleda. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 21 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6379