Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xuño de 1998 pola que se autoriza a inclusión da Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música e de danza en escolas específicas. Ademais, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música pola Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cum

primento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A Asociación Amigos da Música de Salceda de Caselas, da que se sinalan os datos no anexo a esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A asociación citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música segundo establece a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación específica: Asociación Amigos da Música.

Titular: Concello de Salceda de Caselas.

Enderezo: Dr. Zunzunegui.

Localidade: Salceda de Caselas.

Concello: Salceda de Caselas.

Provincia: Pontevedra.

5537