Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 06 de xullo de 1998 Páx. 7.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xuño de 1998 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Sanguiñedo de Mos (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Consellerio de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Mos.

Localidade: Monte-Sanguiñeda.

Código do centro: 36017648.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Sanguiñeda.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Mestre Valverde Mayo.

6043