Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (2597/97).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria e urxente celebrada o día 12 de xuño de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto do Plan Parcial do Sector A-6 do PXOU de Ourense, por pedimento de Finco, S.L. e outros.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito na terceira planta da Casa do Concello na praza Maior nº 1, para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Ourense, 22 de xuño de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5724