Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria urxente que tivo lugar o día cinco de xuño acordou:

1º Aproba-lo estudio de detalle promovido por instancia de Construcciones Havelse, S.L., co proxecto de urbanización e o estudio de cesións anexos a aquel que constan no expediente, dunha parcela situada en Brañas de Atán-Cacheiras, parroquia de Cacheiras, dunha superficie de 2.892 m clasificado

como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2º Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 6 de xuño de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

5725