Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.590

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 3/1998.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de accesos á núcleos de poboación de Cosoirado e outros.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 7.466.181 pesetas.

5. Fianza provisional: 149.324 pesetas. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da Secretaría do Concello de Moraña, en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da última publicación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de condicións, presentarase conforme o seguinte modelo:

«D....., con DNI núm....., expedido en....., con data do....., en nome propio(ou en representación de.....,

como acredita por.....), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no BOP núm...con data do.....e no Diario Oficial de Galicia núm....., con data do....., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de accesos a núcleos de poboación de Cosoirado e outros, no prezo de.....(en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, conforme ó proxecto técnico e o prego de condicións económico-administrativas que acepta integramente. Lugar,data e sinatura.»

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

Moraña, 8 de xuño de 1998.

Xosé Eiras Paz

Alcalde

6296