Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.589

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xuño de 1998, aprobou o expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, das seguintes obras:

1. Pistas polideportivas en Medeiros e Guimarei.

2. Captación e conducción de auga na Madanela.

3. Alargamento da estrada Salgueira-Flariz.

4. Saneamento a Estevesiños, Mixós e A Pousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Monterrei.

b) Dependencia que tramita os expedientes: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

1. Pistas polideportivas.

2. Captación e conducción de auga.

3. Alargamento e mellora do trazado da estrada.

4. Saneamento.

b) Lugar de execución.

1. Medeiros e Guimarei.

2. A Madanela.

3. Flariz-Salgueira.

4. Estevesiños, Mixós e A Pousa.

c) Prazo de execución:

1. Pistas polideportivas en Medeiros e Guimarei, 2 meses.

2. Captación e conducción de auga na Madanela, 2 meses.

3. Alargamento da estrada Flariz-Salgueira, 4 meses.

4. Saneamento a Estevesiños, Mixós e A Pousa, 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

1. Pistas polideportivo en Medeiros e Guimarei, 5.000.000 de ptas.

2. Captación e conducción de auga na Madanela, 2.726.059 ptas.

3. Alargamento da estrada Flariz-Salgueira, 13.600.000 ptas.

4. Saneamento a Estevesiños, Mixós e A Pousa; 15.218.398 ptas.

5. Garantías:

1. Pista polideportina Med. Guim.: provisional, 100.000 ptas.; definitiva, 200.000 ptas.

2. Cap. conducción de auga na Madanela: provisional, 54.521 ptas.; definitiva, 109.049 ptas.

3. Alargamento da estrada Flariz-Salgueira: provisional, 272.000 ptas.; definitiva, 544.000 ptas.

4. Saneamento a Estevesiños, Mixós e A Pousa: provisional, 304.368 ptas.; definitiva, 608.736 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa As Fontiñas, 2.

c) Localidade e código postal: Monterrei, 32618.

d) Teléfono: 41 80 02.

e) Telefax: 42 57 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última

publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas. o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores será a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Monterrei.

2ª Domicilio: rúa As Fontiñas, 2.

3ª Localidade e código postal: Albarellos, 32618.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa As Fontiñas, 2.

c) Localidade: Albarellos.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Monterrei, 23 de xuño de 1998.

O alcalde

Rubricado

5730