Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión extraordinaria celebrada o día 19 de xuño de 1998, e por catorce votos a favor sobre vinteún que representa o número legal de feito e de dereito, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín, redactado por EPYPSA, cos documentos e determinacións que constan no expediente, introducindo as modificacións, indicacións e observacións que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda sinala no seu informe do 11 de xuño de 1998.

O expediente exponse ó público durante o prazo dun mes, para efectos de que durante o dito prazo os interesados poidan examinar este e presenta-las alegacións e reclamacións que estimen pertinentes, contado desde a derradeira inserción desta anuncio no DOG e no xornal La Voz de Galicia.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 42.1º e 34.2º e 3º da Lei do solo 1/1998, do 24 de marzo, suspéndense automaticamente as licencias urbanísticas polo prazo dun ano, nas seguintes zonas:

* Polígonos en solo urbano: P-1, P-2, P-3, P-4, P-5, P-6, P-7, P-8, P-9, P-10, P-11, P-12, P-13,

P-14, P-15, P-16, P-17, P-18, P-19, P-20, P-21, P-22, P-23, P-24, P-25, P-26 e P-27.

* Planos especiais; PERI-1.

* Sistemas xerais: SX-EL1, SX-EL5, SX-EL6, SX-EQ4, SX-EQ8, SX-EQ9, SX-V2, SX-V3, SX-V4, SX-V5 e SG-15.

* Solo urbanizable: SUE-1, SUE-2, SUE-3, SUE-4, SUE-5 e SUE-6.

* Solo rústico de especial protección: SR-P1, SR-P2, SR-P3, SR-P4 e SR-P5.

* Solo rústico: SR-C3 (forestal).

Os peticionarios de licencias solicitadas con anterioridade á publicación da suspensión terán dereito a seren indemnizados do custo oficial dos proxectos e á devolución, se é o caso, dos tributos municipais, sempre que o seu outorgamento non sexa posible, por resultar incompatible coa nova ordenación establecida.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do presente anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira publicación.

Lalín, 22 de xuño de 1998.

José Crespo Iglesias

Alcalde-presidente

6318